Monday 29 de April de 2024

Disco Móvil-Chocolate entrega a Cruz Vermella e Cáritas os máis de 3.000 euros recadados no live set in Facebook celebrado o 11 de abril


O Concello de Noia fixo entrega de sendas caixas de máscaras para ambas entidades

A casa consistorial de Noia acolleu esta mañá a entrega de dous
cheques, por 1.604 euros cada un, por parte de DJ Telo, de Disco Móvil Chocolate, á Cruz
Vermella Noia e Cáritas Parroquial de Noia procedentes das doazóns realizadas ao longo dun
live set in Facebook celebrado o pasado 11 de abril para recadar fondos para ambas
entidades. Francisco Cerquides Hermo fixo entrega dos cheques ao presidente da Asemblea
Local da Cruz Vermella, Emilio Insua Pazos, e ao director de Cáritas parroquial de Noia,
Juan Carlos Pérez Oviedo, en presenza do alcalde Santiago Freire Abeijón e da concelleira de
Economía, Laura Salgado García.
Freire Abeijón agradeceu a iniciativa solidaria organizada por DJ Telo e agradeceu a súa
próxima iniciativa solidaria, que consistirá na venda de tazas co logo “Noia solidaria” para
axudar ás persoas que máis o precisan. Así mesmo, alcalde e concelleira aproveitaron para
facer entrega a Cruz Vermella Noia e Cáritas de sendas caixas con máscaras de protección.